
Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2026, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación coas persoas xordas co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.
CURSO NIVEL III: ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS
**Período de inscricións: Do 15 de Setembro ao 13 de Outubro ou ata cubrir as prazas**
DATA CELEBRACIÓN DO CURSO: Do 15 Outubro ao 17 de Novembro de 2026
HORARIO: Os martes e xoves de 10:00 a 12:00 con clases a través de aula virtual. Obrigatorio conectarse nas horas do curso xa que son clases en directo e participativas.
Sesións: 15, 20, 22, 27 e 29 de Outubro e 3, 5, 10, 12 e 17 de Novembro
Examen: do 18 ao 23 de Novembro de 2026
Nº PRAZAS: 14
RESUMO DE CONTIDOS:
O curso ten unha duración de 20 horas, e combinará formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes non só á lingua de signos, senón tamén á realidade social e cultural da comunidade xorda.
- Actividades de repaso dos niveis 1 e 2
- Turismo de natureza, actividades e lugares de interese
- Enoturismo e turismo termal en Galicia
- Festas de interese turístico en Galicia
- Lingua de Signos para a xestión de reservas
- Comunicación con persoas xordas na xestión de reclamacións
METODOLOXÍA:
Curso telepresencial con clases en directo nas que os docentes realizarán as explicacións dos contidos teóricos e prácticos, resolverán as dúbidas do alumnado e se realizarán actividades prácticas de carácter individual e grupal. O alumnado do curso terá á súa disposición material audiovisual de repaso e práctica.
DESTINATARIOS:
Curso dirixido a persoal do sector turístico de Galicia con coñecementos previos na lingua de signos (Nivel 1 e 2) e que desexe afondar no coñecemento na lingua de signos aplicada ao eido do turismo, así como mellorar as destrezas comunicativas con persoas xordas e xordocegas no seu desempeño profesional.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
Ter certificado nivel 1 e 2 sobre Lingua de Signos.
REQUISITOS TECNOLÓXICOS:
Dispoñer dun dispositivo informático con cámara e micrófono (ordenador ou tableta).
Dispoñer de conexión a internet.
Conectarse ás clases coa cámara acendida para que os docentes podan realizar o seguimento e avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para obter o certificado. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos realizarase mediante unha proba tipo test e os coñecementos prácticos mediante a avaliación continua dos exercicios prácticos propostos polos docentes e realizados ao longo do curso, tendo que superar ambas partes para obter certificado.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.




























