FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.
FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.
De acordo co disposto na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal, a Axencia de Turismo pon en marcha un plan de formación para que o seu persoal teña coñecemento das súas funcións e obrigacións no tratamento de datos de carácter persoal, así como dos principios básicos e demais cuestións relevantes.
A asistencia ás xornadas de formación en materia de protección de datos é necesaria para todos aqueles empregados que, no desempeño das súas funcións, traten datos de carácter persoal (nome e apelidos, DNI, teléfono, dirección, …).
Os contidos da Xornada acompañaranse de material didáctico que inclúe:
– Presentación cos contidos teóricos da Xornada.
– Orientacións para a publicación de datos persoais en actos administrativos.
Para a superación de cada curso realizarase unha proba teórica tipo test, debendo contestar correctamente, polo menos, 5 das 7 preguntas para superar a devandita proba.
Unha vez superada dita proba, os participantes no curso poderán descargar o seu propio certificado da formación.