FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.


FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.


FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS.


De acordo co disposto na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal, a Axencia de Turismo pon en marcha un plan de formación para que o seu persoal teña coñecemento das súas funcións e obrigacións no tratamento de datos de carácter persoal, así como dos principios básicos e demais cuestións relevantes.

A asistencia ás xornadas de formación en materia de protección de datos é necesaria para todos aqueles empregados que, no desempeño das súas funcións, traten datos de carácter persoal (nome e apelidos, DNI, teléfono, dirección, …).

Os contidos da Xornada acompañaranse de material didáctico que inclúe: 

Presentación cos contidos teóricos da Xornada.

Orientacións para a publicación de datos persoais en actos administrativos.

Para a superación de cada curso realizarase unha proba teórica tipo test, debendo contestar correctamente, polo menos, 5 das 7 preguntas para superar a devandita proba.

Unha vez superada dita proba, os participantes no curso poderán descargar o seu propio certificado da formación.