Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, coa oferta de formación en diferentes linguas, para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia no Xacobeo 21 22.
O programa práctico de lingua inglesa " Conversas en Inglés no Camiño de Santiago" está formado por un total de 10 cursos, con 2 grupos cada un, pensado para manter conversas e practicar inglés, tanto para a atención ao cliente en xeral , como específico con vocabulario coas singularidades de cada Ruta do Camiño de Santiago.
