Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.

Cara a obtención  dun mellor abastecemento do canal horeca é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.

OBXECTIVOS:

  • Entender como se contaminan os alimentos e que consecuencias pode ter esa contaminación
  • Repasar as boas prácticas de hixiene e manipulación necesarias para previr a contaminación dos alimentos
  • Comprender cales son as medidas de control máis importantes que debemos implantar nun establecemento de hostalería para minimizar os riscos relacionados cos alimentos

DATA: Martes, 8 de Febreiro  ás 11:00 h


Nº PRAZAS: 100

RELATORA: ELENA GONZÁLEZ
Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Oviedo e especializada en seguridade alimentaria, desenvolveu gran parte da súa traxectoria profesional na industria da alimentación. Actualmente, traballa como consultora de seguridade alimentaria para pequenas empresas, axudándoas a producir, servir e vender alimentos seguros para os consumidores e facilitándolles a formación necesaria para iso.


DESTINATARIOS:

Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou  propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.