Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.
Cara a obtención dun mellor abastecemento do canal horeca é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.
OBXECTIVOS:
- Coñecer que é un sistema de autocontrol da seguridade alimentaria e por que é obrigatoria a súa implantación nun establecemento de hostelería.
- Coñecer cales son os puntos máis importantes dentro dun sistema de autocontrol e como adaptalo aos establecementos de hostelería.
DATA: Xoves, 24 de Febreiro ás 11:00 h
Nº PRAZAS: 100
RELATORA: ELENA GONZÁLEZ
Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Oviedo e especializada en seguridade alimentaria, desenvolveu gran parte da súa traxectoria profesional na industria da alimentación. Actualmente, traballa como consultora de seguridade alimentaria para pequenas empresas, axudándoas a producir, servir e vender alimentos seguros para os consumidores e facilitándolles a formación necesaria para iso.
DESTINATARIOS:
Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
