Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus produtos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital , a sustentabilidade ou a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

 

METODOLOXÍA
Curso Online de 15 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 5 sesións nas que os alumnos deberán asistir ao 80% das mesmas.
Ademáis do contido formativo, o programa se complementa co desenvolvemento dunha de implementación práctica con pasos a seguir e exercicios a desenvolver.
O programa aportará aos participantes manuais e sesións en directo, centro de asistencia telefónica e un sistema de mensaxería colaborativa para favorecer o networking entre as empresas turísticas galegas.

OBXECTIVO

O obxectivo deste programa é impulsar a  cocreación de produtos turísticos  experienciais, innovadores e sostibles na contorna ao Camiño de Santiago dirixidos ao sector empresarial de Galicia. Están orientados a capacitar ao empresario que afronta os desafíos dunha contorna económica e dixital cambiante, que se enfronta a un cliente empoderado que ten na internet ao seu mellor aliado, e nunhas circunstancias de crise sanitaria e climática que forzan ao negocio para entender e dominar os procesos de como crear unha estratexia de produto innovador na que a contorna física e dixital entrecrúzanse para gañar a venda. O gran reto é o desenvolvemento de produtos en  cocreación con outras empresas galegas.


CONTIDOS

O curso consta de 5 sesións formativas de traballo en equipo.


Módulo 1: Definición da estratexia
Modelo de negocio
Definición do Persoa
Manual para o desenvolvemento de produto
Creación dos equipos

Módulo 2: O Camiño de Santiago
Definición do ADN do Camiño de Santiago
Posta en valorAno Xacobeo
Técnicas de comunicación narrativa

Módulo 3: Innovación e sustentabilidade

Innovación no Camiño de Santiago
Doblin como técnica creativa
A sustentabilidade para o desenvolvemento de experiencias
Economía circular para un desenvolvemento sostible
Comunicación de produtos turísticos sostibles

Módulo 4: Comercialización e márketing dixital
Marketing de conversión
Estratexia de márketing omnicanal
Inbound márketing para a captación
A fórmula para vender

Módulo 5: Colaboración e presentacións de equipo
Definición do propósito de empresa
Evolución do traballo colaborativo
Ecosistema circular
Creación de produto conxunto
Ferramentas e aplicacións en  cloud
Presentación dos equipos
Exposición do produto

DATAS

Do 30 de maio ao 27 de xuño de 2022


HORARIO

5 xornadas de formación os luns 30 de maio e   6,13,20 e 27 de xuño de 10 a 13 horas. Obrigatoria a conexión en liña nese horario.

Nº PRAZAS: 200

FORMADORES:
Jimmy Pons – Sustentabilidade e Innovación
Joantxo Llantada – Marketing e Comercialización
Tirso Maldonado – Estratexia e sinerxia
Silvia Suárez – Soporte e Dinamización

DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen cooperar con outras empresas para a creación de produtos turísticos.
Este programa formativo está deseñado para que poidan participar varios profesionais dunha mesma empresa.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 15 horas de formación, as persoas que participen no 80% das sesións e presenten o traballo de fin da formación.