No contexto da situación derivada da pandemia por covid-19 a Consellería de Cultura e Turismo a través da área de formación permanente e consultoría do CSHG (Dirección de Profesionalización) puxo en marcha unha serie de accións formativas encamiñadas a mellorar as competencias profesionais do sector turístico en sentido amplo, e contribuíndo a un desenvolvemento formativo coherente e completo baseado nas necesidades transmitidas polo sector. 

Estes accións formativas constan dunha parte expositiva a través de seminarios en liña e dunha parte de reflexión e práctica baseada no traballo individual. A consecución efectiva de ambas partes, asistencia ao webinar e entrega de tarefas prácticas que amosen a interiorización dos contidos e desenvolvemento de competencias, supón a superación da acción formativa e, por tanto a obtención da correspondente certificación dixital.