Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  cunha oferta de 40.000 horas de formación en diferentes linguas para que os profesionais do sector poidan  mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia.

O curso de Portugués Turístico (Nivel A2), de 75 horas de formación,  permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua portuguesa ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás dunha maneira autónoma como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, presentarse a se mesmo e a outros; Falar de se mesmo, da familia, de amigos, etc. Dar información sobre as profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial para a hostalería ademais de vocabulario sobre a cidade, a alimentación, o transporte. Estudiarase como explicar enderezos, itinerarios, horarios de transporte etc.


Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación nos principais tempos do Indicativo (presente/pasado/futuro), e outros. Ademais, traballaranse moitos os falsos amigos presentes na diferenza entre galego e portugués, a fonética e as estruturas máis complicadas para os galegos. Aumentarás os teus coñecementos con este novo idioma para empezar a atender clientes en portugués.




METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A2


DATAS:

Solicitude de praza: do 16 ao 26 de marzo

Confirmación admitidos: 27 de marzo

Duración do curso: Do 30 de marzo  ao 15 de xuño ( 11 semanas)

Exame: do 19 ao 22 de xuño

 
Nº PRAZAS:
 100

DESTINATARIOS:
Personal del sector turístico gallego que desempeñe su trabajo con atención al público y desee mejorar conocimientos en lengua portuguesa  para comunicarse con turistas y peregrinos.

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego   no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final  en liña na Plataforma de Turismo de Galicia,  en horario libre, que poderá facer entre o luns 19 de xuño o e o xoves 22 de xuño ate as 14:00 horas.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.


CURSO PORTUGUES A2.jpgCURSO PORTUGUES A2.jpg