Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas e niveis para que os profesionais do sector poidan mellorar a calidade do servizo a peregrinos e turistas que visitan Galicia.
O curso de Alemán Turístico Básico, de 75 horas de formación, permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua alemá ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.
Neste curso aprenderás, dunha maneira autónoma, como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación, os nomes e outros. Aumentarás os teus coñecementos neste novo idioma para empezar a atender clientes en alemán.
METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.
NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO: A1 introdución
DATAS:
Solicitude de praza: do 23 de xaneiro ao 4 de febreiro
Confirmación admitidos: 8 de febreiro
Duración do curso: Do 12 de febreiro ao 19 de abril ( 11 semanas)
Exame: do 23 ao 26 de Abril
Nº PRAZAS: 100
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua alemá para comunicarse con turistas e peregrinos.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.
Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final en liña na Plataforma de Turismo de Galicia, en horario libre, que poderá facer entre o Martes 23 e o venres 26 de abril ate as 14:00 horas.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.