Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.
No contexto dun mercado turístico cada vez máis competitivo, a adopción da Intelixencia Artificial (IA) emerxe como unha ferramenta estratéxica para as PEMES. Este programa formativo analizará en profundidade o novo universo que nace da man da intelixencia artificial enfocado dende a perspectiva da empresa turística. A formación está deseñada especificamente para directivos, técnicos da administración e propietarios de empresas turísticas en Galicia, ofrecerá unha inmersión profunda en como a IA, incluídas as ferramentas avanzadas como ChatGPT de OpenAI e as solucións de Google IA, poden ser catalizadores de innovación e eficiencia.
Dirixido a un público proactivo e visionario, esta formación é unha oportunidade sen precedentes para que as empresas turísticas de Galicia se poidan posicionar á vangarda da innovación dixital, utilizando a IA para diferenciarse e competir no mercado actual.
DATAS:
Sesión 1: Mércores, 13 de marzo de 09:00h a 12:00h - "Fundamentos da IA e visión Xeral"
Sesión 2: Mércores, 20 de marzo de 09:00h a 12:00h - "O viaxeiro na Era da IA"
Sesión 3: Mércores, 3 de abril de 09:00h a 12:00h - "Enxeñería de Prompts"
Sesión 4: Mércores, 10 de abril de 09:00h a 12:00h - "Implantación de ChatGPT Team"
Sesión 5: Mércores, 17 de abril de 09:00h a 12:00h - "Programación de GPTs"
Sesión 6: Mércores, 24 de abril de 09:00h a 12:00h - "Google AI e o negocio dixital"
Sesión 7: Luns, 29 de abril de 09:00h a 12:00h - "Cumplimento normativo e Seguridade"
Nº PRAZAS: 100
RELATORES:
Tirso Maldonado: Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital, na JSF Travel & Tourism School. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps
Joantxo Llantada: Asesor estratéxico e formador. Conta con 25 anos de experiencia en Marketing, medios sociais e tecnoloxías da información, transformación e cultura do cambio dixital, tamén é experto en innovación tendencias do mercado turístico, transformación dixital e novos modelos de negocio. É profesor da EOI, do MBA do IE e de varios masters (CETT e UCAM).
Juan Carlos Fernández Martínez: Avogado e CEO de Tecnogados. Está especializado en dereito e novas tecnoloxías, protección de datos, seguridade da información e privacidade. É profesor na EOI (Escola de Organización Industrial), na UCLM (Univesidade de Castela a Mancha) e na Escola de Seguridade Ciudadana (CLM).
DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos, xefes de departamento de empresas do sector turísticos galego ( axencias, aloxamentos, transportes, ocio...) que desexen mellorar a capacidade de executar proxectos e ideas.