Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación con persoas xordas  co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.

CURSO NIVEL I:  ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS

DATA: Do 1 ao 31 de Outubro de 2024

HORARIO: Os martes e xoves de 11:30 a 13:30 con clases a través de aula virtual. Obrigatorio conectarse nas horas do curso xa que son clases en directo e participativas.

Sesións: 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24, 29 e 31 de Outubro

Examen: do 4 ao 7 de Novembro


Nº PRAZAS: 14

CONTIDOS:

O curso ten unha duración de 20 horas, e combinará formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes non só á lingua de signos, senón tamén á realidade social e cultural da comunidade xorda.

Contidos teóricos:

  • Achegamento á comunidade xorda: aclaración de conceptos.
  • A xordeira e a xordocegueira: definición e clasificación.
  • Atención a persoas xordas no ámbito do sector turístico.
  • Recursos profesionais e recursos técnicos de interese.
  • Nocións básicas de gramática da Lingua de Signos Española. 

Contidos prácticos:

  • Alfabeto dactilolóxico da LSE.
  • Saúdos e presentacións.
  • Pedir e dar información persoal.
  • As persoas: descrición persoal e estados de ánimo.
  • Actividades  básicas da vida cotiá.
  • Viaxes e medios de transporte.


METODOLOXÍA:
Curso telepresencial con clases en directo nas que os docentes realizarán as explicacións dos contidos teóricos e prácticos, resolverán as dúbidas do alumnado e se realizarán actividades prácticas de carácter individual e grupal. O alumnado do curso terá á súa disposición material audiovisual de repaso e práctica.

DESTINATARIOS: Persoal do sector turístico de Galicia que desexe adquirir coñecementos básicos sobre a comunidade xorda e a lingua de signos e adquirir destrezas comunicativas que faciliten a atención ás persoas xordas e xordocegas no ámbito do sector turístico.

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.

REQUISITOS  TECNOLÓXICOS:
Dispoñer dun dispositivo informático con cámara e micrófono (ordenador ou tableta).
Dispoñer de conexión a internet.
Conectarse ás clases coa cámara acendida para que os docentes podan realizar o seguimento e avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para obter o certificado. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos realizarase mediante unha proba tipo test e os coñecementos prácticos mediante a avaliación continua dos exercicios prácticos propostos polos docentes e realizados ao longo do curso, tendo que superar ambas partes para obter certificado.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 20 horas os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.