Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación con persoas xordas co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.
CURSO NIVEL II: ACHEGAMENTO Á LINGUA DE SIGNOS E ÁS PERSOAS XORDAS
DATA: Do 11 Febreiro ao 13 de Marzo de 2025
HORARIO: Os martes e xoves de 10:00 a 12:00 con clases a través de aula virtual. Obrigatorio conectarse nas horas do curso xa que son clases en directo e participativas.
Sesións: 11, 13, 18, 20, 25, 27 de Febreiro e 4, 6, 11 e 13 de Marzo
Examen: do 18 ao 21 de Marzo de 2025
Nº PRAZAS: 14
CONTIDOS:
O curso ten unha duración de 20 horas, e combinará formación teórica e práctica, achegando ás persoas participantes non só á lingua de signos, senón tamén á realidade social e cultural da comunidade xorda.
• Nocións de gramática da Lingua de Signos Español
• Contorna natural, cidades e vilas. Toponimia de Galicia.
• Vida social: actividades de lecer e afeccións.
• Cultura de Galicia: gastronomía, artesanía, festas de interese…
• Patrimonio de Galicia e o Camiño de Santiago.
• O sector turístico galego e a atención ás persoas xordas.
METODOLOXÍA:
Curso telepresencial con clases en directo nas que os docentes realizarán as explicacións dos contidos teóricos e prácticos, resolverán as dúbidas do alumnado e se realizarán actividades prácticas de carácter individual e grupal. O alumnado do curso terá á súa disposición material audiovisual de repaso e práctica.
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico de Galicia con coñecementos básicos sobre a comunidade xorda e a lingua de signos que desexe mellorar os seu nivel e adquirir destrezas comunicativas que faciliten a atención ás persoas xordas e xordocegas no ámbito do sector turístico
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
Ter coñecementos previos básicos sobre Lingua de Signos.
REQUISITOS TECNOLÓXICOS:
Dispoñer dun dispositivo informático con cámara e micrófono (ordenador ou tableta).
Dispoñer de conexión a internet.
Conectarse ás clases coa cámara acendida para que os docentes podan realizar o seguimento e avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O alumnado do curso deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións para obter o certificado. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos realizarase mediante unha proba tipo test e os coñecementos prácticos mediante a avaliación continua dos exercicios prácticos propostos polos docentes e realizados ao longo do curso, tendo que superar ambas partes para obter certificado.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas os que superen o curso de acordo aos criteros de avaliación.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
