Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  coa oferta de formación en diferentes linguas para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitarán Galicia no Xacobeo 21 22.

O curso de Portugués Turístico Básico, terá como obxectivo ofrecer ao alumno as habilidades lingüísticas para desenvolver unha conversación nun contexto turístico, dando resposta á necesidade de profesionais con coñecemento básico deste idioma ante a chegada de turistas ante o Xacobeo 21 22.  


Considerando a gran proximidade entre o portugués e o galego e a duración do curso, aprenderemos a comprender dúbidas, dar instrucións e direccións, xestionar pedidos, dar resposta a problemas e a queixas, ofrecer opcións e dar suxestións, sempre traballando as diferenzas entre formalidade e informalidade, fundamentais cando queremos traballar en atención ao público  lusófono.


METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cunha titora nativa. As/os participantes dispoñerán de todo o material para traballo individual e, ademais, haberá sesións de conversación semanais para poñer as tarefas en práctica e aclarar dúbidas.

NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO:
A1, A2 introdución

DATAS:

Solicitude de praza: 22 de abril  ao 3 de maio
Confirmación admitidos: 5 maio
Duración do curso: do 10 maio  ao 18 de xuño
Exame Final: 22 de xuño

Nº PRAZAS: 100

FORMADORA: Eva Miriam Sampaio
Eva Miriam Sampaio  será a  titora deste curso. É portuguesa , Licenciada en Estudos Portugueses e españois pola Universidade de Lisboa e Máster en Educación  Biligüe,   con máis  10 anos de experiencia ensinando, traducindo e desenvolvendo contidos de cursos de portugués para plataformas de formación. É a  CEO e profesora de Cosmos Academia, e colabora con diferentes institucións dando formación como a  TECH Universidade Tecnolóxica ou a Universidade da Lagoa.

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse con turistas e peregrinos.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 20 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.