Plan de formación Turismo de Galicia 2021 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21/22 Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao contexto de crise actual.

METODOLOXÍA
Curso Online de 18 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, repartidas en 6 sesións nas que os alumnos deberán asistir ao 80% das mesmas.
Ademáis do contido formativo, o programa se complementa co desenvolvemento dunha “Guía para a transformación da Axencia de Viaxes” con pasos a seguir e exercicios a desenvolver.
O programa aportará aos participantes manuais e sesións en directo, centro de asistencia telefónica e un sistema de mensaxería colaborativa para favorecer o networking entre axencias.

OBXECTIVO

Axudar as Axencias de Viaxe na súa adaptación ás condicións de mercado actuais para traballar un novo modelo de empresa máis áxil e adaptable. O principal reto é evolucionar o modelo de negocio para responder aos cambios de mercado resultantes da crise do coronavirus, ademáis de adaptarse aos requisitos do negocio en liña.

CONTIDOS

Sesión I: Transformación AAVV – 26 Maio de 10:00h a 13:00h
Sesión II: Definición da estratexia – 2 Xuño de 10:00h a 13:00h
Sesión III: Innovación – 9 Xuño de 10:00h a 13:00h
Sesión IV: Desenvolvemento de produto propio – 16 Xuño de 10:00h a 13:00h
Sesión V: Comercialización e marketing dixital – 23 Xuño de 10:00 a 13:00h
Sesión VI: Kit Básico de tecnoloxía – 30 Xuño de 10:00h a 13:00h

DATAS

Do 26 de Maio ao 30 de Xuño de 2021

Nº PRAZAS: 200

FORMADORES:
Jimmy Pons – Sustentabilidade
Joantxo Llantada – Marketing e Comercialización
Tirso Maldonado – Estratexia e guía de implantación
Manuel Bravo – Tecnoloxía
Silvia Suárez – Soporte e Dinamización

DESTINATARIOS
Emprendedores, directivos, xefes de departamento e persoal de Axencias de Viaxe Galegas.
Este programa formativo está deseñado para que poidan participar varios profesionais dunha mesma axencia de viaxes.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 18 horas de formación, as persoas que participen no 80% das sesións e presenten o traballo de fin da formación.